Imprimir esta páxina
25
Mayo

O mercado ambulante do Porriño aínda non se retomará

O mercado ambulante dos martes ainda non se reactivará a pesar de que entraramos na fase 2 do Plan de Desescalada, ainda que se trata dunha das actividades que podería recuperarse con limitacións de espazo e aforo.

Non obstante tanto o concelleiro de Mercados como a Policía Local consideran que as medidas das rúas peonís onde se celebra habitualmente este mercado non garanten que se puideran respectar as distancias de seguridade.
O mercado ambulante do Porriño non se celebra dende a declaración do estado de alarma, polo tanto a última edición tivo ligar o martes 10 de marzo

Valora agora
(0 votos)