Imprimir esta páxina
13
Abril

Reparto de mascarillas nos accesos aos polígonos industriais do Porriño

Dende as 7 horas de hoxe axentes de Policía Local e voluntarios de Protección Civil están a levar a cabo o reparto de mascarillas aos traballadores que hoxe se reincorporan nas empresas e industrias autorizadas polo Goberno Central.



Montáronse controis nas rotondas de acceso aos polígonos industriais do Porriño onde se desenvolveu esta tarefa en colaboración coa Garda Civil.
A Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño colaborarán xunto coa Garda Civil, no reparto de mascarillas con motivo da volta ao traballo nos sectores autorizados polo Goberno Central.



 

Ese reparto realizouse conforme as instrucións recibidas a través da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Por outra banda, a Policía Local do Porriño seguirá a colaborar coas restantes forzas de seguridade baixo o mando único do Goberno Central, nas tarefas de vixiancia e control do cumprimento do estado de alarma que se manten duas semanas máis, polo momento.

Valora agora
(0 votos)