Imprimir esta páxina
13
Febrero

Arde un trasteiro en Torneiros

Un incendio na Fase III do polígono residencial de Torneiros mobilizou esta mañá aos servizos de emerxencias. A alarma deuse ás 13:06 e de contado acudían ao lugar os Bombeiros do Baixo Miño e Policía Local. Tamén interviu Protección Civil do Porriño.

 

O lume orixinouse nun dos trasteiros do edificio. A intervención foi rápida, e en menos dunha hora xa se tiña controlado e extinguido o foco.

Modificouse o Jueves, 13 Febrero 2020 13:25
Valora agora
(1 Vote)