Imprimir esta páxina
02
Enero

As rondallas de Pontellas e Atios escoltarán aos Reis Magos no Porriño

As rondallas porriñesas, Atios e Pontellas, abrirán e pecharán a comitiva real que chegará ao Porriño o vindeiro 5 de xaneiro, a partir das 18 horas.



As tres carrozas principais cos Reis Magos e as tres auxiliares partirán desde o Polideportivo Municipal e realizarán o percorrido habitual ata rematar na rúa peonil. A recepción das Súas Maxestades e o seu séquito aos nenos e nenas do Porriño terá lugar na praza do Concello. En caso de choiva pasaríase á carpa Roxy.


Haberá caramelos brandos e sen gluten para que todos os cativos poidan disfrutar por igual. A Concellería de Cultura ven de contratar o aprovisionamento de 1.500 kilos para esta Cabalgata e outros eventos ó longo do ano.
Para quen non poida seguir de xeito presencial a Cabalgata, retransmitirase por streaming. Implementouse un plan de seguridade para este evento que contempla a realización de diversos cortes de tráfico, sinalización dos mesmos e habilitación de rutas alternativas.



Recomendacións de seguridade

 

  • 
Non utilizar o paraugas para recoller os caramelos. O seu mal uso pode ser perigoso.
  • 
Non baixen das beirarrúas nin salten os valados de seguridade. Manterse a unha distancia prudencial das carrozas é sempre unha boa opción.

  • Lembren que unha carroza parada pode poñerse en marcha en calquera momento. Así que é mellor non deixar que os nenos se acheguen a elas por moito que queiran tocar ós Reis Magos.
  • 
É importante colocar ás crianzas en lugares seguros e a unha distancia prudente das carrozas.

  • Non distraer aos condcutores que levan os vehículos da Cabalgata

  • Non perder de vista aos máis pequenos. Pode soar obvio pero telos localizados en todo momento evitará algún que outro susto.

  • É recomendable que as crizanas leven anotado nunha pulseira ou tarxeta o seu nome e un teléfono de contacto por sí se perden

  • Explicar aos nenos e nenas que deben facer no case de perderse: dirixirse a un axente da Policía Local ou a un voluntario de Protección Civil.

 

Valora agora
(0 votos)