Imprimir esta páxina
13
Noviembre

Unha persoa ferida tras impactar contra un sinal no Porriño

Os feitos aconteceron este luns na rotonda do Cristo de Belén. O home atopábase en parada cardíaca e foi estabilizado por axentes da Policía Local

Axentes da Policía Local do Porriño salvaron a vida a un conductor que se atopaba inconsciente dentro do seu vehículo tras colisionar contra un sinal de tráfico na rotonda do Cristo de Belén. Cando a Policía Local recibiu aviso do sinistro acudiron dous coches patrulla e atoparon ao conductor accidentado en parada cardíaca.
 


Os axentes conseguiron estabilizalo realizando manobras de reanimación sen chegar a ter que empregar o desfibrilador (DESA). Requeriuse unha ambulancia pero non había ninguna dispoñible polo que un vehículo policial acudiu ao Centro de Saúde a recoller ao personal facultativo e levalo ata o lugar do sinistro.

 


O ferido foi finalmente trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro onde se recupera desde o luns pasado, cando aconteceu o sinistro.

 


Dende o Concello que suliñan que a pesares de que a ambulancia do 061 ten a súa base no Porriño debe atender a unha poboación superior aos 20.000 habitantes. Polo que non é a primeira vez que nunha situación de gravidade non se dispón da ambulancia por que está a atender outra emerxencia.  Por esta razón reclaman ao Sergas que 061 habilite unha segunda ambulancia para O Porriño e súa área de influencia.

Modificouse o Miércoles, 13 Noviembre 2019 14:20
Valora agora
(0 votos)