Os axentes conseguiron estabilizalo realizando manobras de reanimación sen chegar a ter que empregar o desfibrilador (DESA). Requeriuse unha ambulancia pero non había ninguna dispoñible polo que un vehículo policial acudiu ao Centro de Saúde a recoller ao personal facultativo e levalo ata o lugar do sinistro.
O ferido foi finalmente trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro onde se recupera desde o luns pasado, cando aconteceu o sinistro.
Dende o Concello que suliñan que a pesares de que a ambulancia do 061 ten a súa base no Porriño debe atender a unha poboación superior aos 20.000 habitantes. Polo que non é a primeira vez que nunha situación de gravidade non se dispón da ambulancia por que está a atender outra emerxencia. Por esta razón reclaman ao Sergas que 061 habilite unha segunda ambulancia para O Porriño e súa área de influencia.