Imprimir esta páxina
04
Noviembre

Denuncian ante Traballo as condicións laborais de Amazon no Porriño

UGT denuncia que os traballadores fan xornadas de 14 horas e non se entregan xustificantes de horarios

 

UGT Vigo denunciou ante a Inspección de Traballo as condicións laborais e o "abuso" que están a sufrir as persoas contratadas no novo centro loxístico de Amazon, no Porriño. Según denuncian, os máis de 50 traballadores contratados por Kebel Logistics asinaron contratos "supostamente indefinidos" que "esconden" condicións laborais "fraudulentas".


Os traballadores fan xornadas de 14 horas diarias de luns a domingo por un salario bruto de 1.250 euros ao que non se engaden horas extras. Por outra banda, ainda que se supón que se incorporan de maneira indefinida, existe un periodo de proba de 30 días que "casualmente non é superado polos traballadores" pese a traballar máis do 150% da xornada máxima legalmente establecida.


Apuntan dende o sindicato a outras irregularidades como "despidos de palabra ou negativas a entregar os xustificantes de xornada diaria que establece a normativa legal" e o non cumplimento do Convenio Provincial de Transporte de Mercancías da provincia.


"Dende UGT xa presentamos a correspondente denuncia en Inspección de Traballo e estamos iniciando as demandas individuais por despido e reclamación de cantidades dos traballadores que acudiron ao noso sindicato", conclúen.

Modificouse o Lunes, 04 Noviembre 2019 19:21
Valora agora
(1 Vote)