Imprimir esta páxina
31
Octubre

Aprobada a primeira RPT do Concello do Porriño

O organigrama e relación de postos de traballo (RPT) do Concello do Porriño aprobouse onte definitivamente no pleno ordinario. Por primeira vez ha historia do Concello a organización da plantilla municipal, iniciada iniciada hai dúas lexislaturas, chegaba a pleno para a súa aprobación definitiva.


A proposta, negociada coa xunta de persoal e aprobada por unanimidade polos delegados dos sindicatos con representación ( CCOO, CIG, CSIF e UGT), fora aprobada inicialmente na sesión plenaria do pasado 6 de maio, cos votos a favor do PSOE e PP e a abstención do resto dos grupos.


Onte, tras o periodo de exposición pública e a desestimación das alegacións presentadas, os votos favorables do PP, PSOE e EU SON deron luz verde ao documento.


O BNG abstívose na votación ao non estar dacordo cos puntos referidos á creación dun servizo municipal de emerxencias, á xestión da UAD e á creación dunha unidade de limpepza viaria. EU SON pola súa banda apoiou a proposta ao considerala de importancia para o persoal municipal.


Os populares amosaron o seu apoio á RPT que asegura se cumplan os dereitos dos traballadores do Concello supeditado, eso sí, a que este sexa un "documento vivo" e non tarde en anos en revisarse. Incidiron na necesidade, solicitada en comisión informativa, de modificar o documento para asegurar separación do CIM e os Servizos Sociais, e adiantaron que solicitaran se leve a cabo esta modificación.

Modificouse o Viernes, 01 Noviembre 2019 01:05
Valora agora
(0 votos)