Imprimir esta páxina
Imaxe: Arquivo SDL Imaxe: Arquivo SDL Estado das fiestras do centro
31
Octubre

O pleno acorda por unanimidade solicitar a reforma integral do CEIP Fernández Lopez

O pleno da corporación local do Porriño acordou onte por unanimidade instar á Xunta de Galicia a afrontar a reforma ou nova construción dun centro escolar no Porriño. A moción presentada por EU SON do Porriño SON EN COMÚN tivo o respaldo de todos os grupos da corporación para transmitir á consellería de Educación a problemática do CEIP Fernández López e a necesidade da reforma integral do mesmo ou a construción dun novo colexio no Porriño.


Non é a primeira vez que este grupo leva a  Pleno os problemas do centro: estado das aulas, insuficiencia de espazos, estado do ximnasio, medidas de seguridade deficientes (as portas abren cara adentro), falta dun comedor, o estado das instalacións que empeora co paso dos anos (persianas rotas, falta de illamento térmico, uralita nos pasillos e espazos exteriores, fachada que xa foi reparada en varias ocasións...), falta de espazos ao aire libre que sexan seguros e suficientes, a entrada ao colexio faise pola parte traseira ou polos laterais dado que a entrada principal coincide co aparcadoiro do profesorado e supón un perigo para as nenas e nenos...


No Colexio hai neste momento 429 alumnos e alumnas e as instalacións seguen prácticamente igual que cando se inaugurou hai cuarenta anos. A ANPA Oliveira pola súa parte, está a levar a cabo unha recollida de firmas no municipio solicitando tamén a reforma integral do centro.

Modificouse o Jueves, 31 Octubre 2019 20:21
Valora agora
(0 votos)