Imprimir esta páxina
30
Octubre

A Policía Local do Porriño completa un curso de reanimación cardiopulmonar

A Policía Local do Porriño recibiu nestes días un curso para mellorar os seus coñecementos en primeiros auxilios impartido por persoal do 061.



Todos os axentes aprenderon manobras de reanimación cardiopulmonar e manexo dos DESA (desfibriladores) en casos de parada cardiorrespiratoria.



De feito, a partires de agora,  o vehículo de patrulla policial levará un desfibrilador a bordo que se engade ao restante material de que dispoñen os axentes locais para atender paradas cardiorrespiratorias, hemorraxias, queimaduras e outras situacións de emerxencia.

 


Por outra banda, a Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de subvencións para a adquisición de desfibriladores por parte de entidades locais da provincia cuxa poboación non supere os 20.000 habitantes. O Porriño percibirá a subvención para adquirir un desfibrilador.

Modificouse o Miércoles, 30 Octubre 2019 12:10
Valora agora
(1 Vote)