Imprimir esta páxina
24
Octubre

Fomento trasmite a súa disposición a dar luz verde á cesión da N-120 en Cans

O Concello do Porriño informou hoxe da disposición do Ministerio de Fomento a "abordar satisfactoriamente" a cesión do tramo da N-120 ao seu paso por Cans. Esta cesión foi solicitada por acordo da Corporación Municipal a instancias da veciñanza de Cans que recolleu firmas e trasladou a proposta.

O pasado 2 de setembro, o senador do PP, Miguel Fidalgo, a instancias do grupo municipal popular, presentou ao Senado a pregunta sobre a xestión desta cesión. "O Concello de Porriño solicitou ao Ministerio de Fomento que a N-120 pase a ser de propiedade municipal desde o límite co Concello de Ponteareas, no Confurco, ata o punto quilométrico 653,400. O traxecto deste vial en zona non urbana afecta á parroquia de Cans e a súa cesión facilitaría por exemplo que os veciños que queiran acometer unha obra non teñan que solicitar autorización do ministerio. Por iso formúlase a seguinte pregunta: Cando vai cederse ao Concello de Porriño o citado tramo da N-120?", rezaba o escrito. 

O 11 de setembro, dende a Alcaldía lembrouse tamén esta solicitud. de por carta ao ministro de Fomento. 

Por outra banda, informan dende o consistorio, que nesa misiva o responsable ministerial contesta a outra demanda que O Porriño ven requirindo: a mellora do acceso á A-55. A resposta de Fomento condiciona unha solución ao proxecgto de novo trazado da A-52 entre  O Porriño e Vigo, que conlevaría remodelar o enlace de Sanguiñeda coa A-55. Dito proxecto require unha tramitación ambiental e  será sometido a información pública unha vez se aprobe provisoriamente.

Modificouse o Jueves, 24 Octubre 2019 14:04
Valora agora
(0 votos)