Imprimir esta páxina
21
Octubre

Noemí Fernández, gañadora nacional do Tour Music Fest

A cantante porriñesa Noemí Fernández Pereira suma un novo éxito á súa carreira musical. Noemí ven de proclamarse campiona da final nacional do Tour Music Fest, o concurso europeo en vivo máis importante para artistas e músicos emerxentes no que participan cantantes e cantautores de toda europa.

A porriñesa, gañadora na categoría Junior, fíxose co pase para a Final Internacional do TMF que se celebrará en Roma o 7 de decembro, no Auditorium do Massimo, onde actuará frente á Comisión Final Europea.

 

Ese día, Noemí xunto co resto de representantes españois nas restantes categorías, competirán cos finalistas do Reino Unido, Italia e Malta para gañar un dos fantásticos premios en xogo, como unha beca na Berklee College of  Music en Boston, un contrato de distribución con Sony Music Italy ou un contrato de esponsorización.

 

 

 

Modificouse o Lunes, 21 Octubre 2019 19:45
Valora agora
(1 Vote)