Imprimir esta páxina
18
Octubre

A segunda edición da `Porriño 10K´ celebrarase o 15 de marzo

O Club Atletismo Porriño e o Concello do Porriño pecharon onte o acordo para celebrar a vindeira edición da “Porriño 10K” que terá lugar o domingo 15 de marzo de 2020.

O Concello colaborará co club organizador e aportará unha achega económica de 15.000 euros para a celebración desta proba, sucesora da Interrunning.  A “Porriño 10K” desenvólvese nun circuíto urbano de 10 km de lonxitude en diferentes categorías e modalidades.

Valora agora
(0 votos)