O pasado luns retiráronse cinco niños dos que alertaron veciños, na Cantoña, Pousadelas e Outeiro, na parroquia de Pontellas así como no barrio do Carracido. Estaban en árbores, nunha cheminea e no chan, aos pés dun viñedo.
Segundo o grao de dificultade e altura tiveron que empregarse os tres sistemas que utilizan as brigadas, é dicir, pértiga, disparo con inxección de veleno ou queima nos casos máis sinxelos.
Estanse a atender semanalmente unha media ducia de casos dende o 21 de xuño.