A parroquia porriñesa de Atios celebra estes días a súa festa patronal na honra á Virxe da Guía.
Durante cinco días poderase disfrutar de grandes actuacións musicais, coas mellores orquestras e a estrela da programación: o grupo Camela.
Esta noite a verbena será a cargo das orquestras Cinema e Anaconda. Xa o mércores, ás 13:30 h terá lugar a gran tirada de fogos e as orquestras Metrópolis e América de Vigo porán música á verbena pola noite.
O día grande será o xoves 15. Ás 11 h sairá a procesión dende a Igrexa parroquial ata a capela da Guía, acompañada pola Banda de Música e a formación Os Penediños de Atios. Ás 12:30 h oficiarase a misa cantada pola Coral Polifónica de Atios.
Como marca a tradición, ás 20 h terá lugar a procesión de regreso dende a capela ata o templo parroquial que dará paso ao concerto do famoso grupo Camela, o grupo Alkar e Javi Mota.