A partir da instalación da factoría de Citroen creáronse na cidade de Vigo e na súa comarca moitas empresas auxiliares e relacionadas coa automoción, ata chegar á actualidade na que somos unha potencia mundial, cunha actividade produtiva enorme ligada ás novas tecnoloxías e á investigación. A presidenta provincial puxo en valor a existencia “desta grande área de coñecemento e de talento, vinculado ao sector do automóbil, que nos converte nunha referencia mundial en creación de novos produtos e moi internacionalizados, polo que hai un enorme interese para que esta industria da automoción siga tendo a opcións de maiores desenvolvementos”. Carmela Silva tamén puxo o aceno “nos moitos proxectos e novas inversións tanto tecnolóxicas como de todos os eidos, de gran profesionalización, que xa están a ser pioneiras en Europa”.
Amais da súa visita ás instalacións do CTAG, o Ministro completou a súa axenda en Vigo coa súa presenza a bordo do buque de investigación “Sarmiento de Gamboa” que inicia hoxe unha nova campaña científica, e o percorrido polas instalacións do Centro Oceanográfico de Vigo en Cabo Estai.