Imprimir esta páxina
06
Agosto

O Porriño acollerá o I Rally Mix durante as Festas do Cristo

A organización do evento correrá a cargo da Escudería Surco de Salvaterra de Miño coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo e co patrocinio do Concello do Porriño

O Concello de Porriño e a Federación Galega de Automobilismo trataron hoxe dos detalles da organización do "I Rally Mix Concello de Porriño" que terá lugar durante o fin de semana do 28 e 29 de setembro, é dicir durante o Recristo e nas datas da Festa dos Callos.


A proba terá dúas mangas: unha na tarde do sábado 28 e a segunda, na mañá do domingo 29 de setembro.


Os detalles abordaron este mediodía nunha reunión de traballo celebrada no Concello de Porriño á que asistiron Lourdes Moure, alcaldesa accidental, Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local, representantes da Escuderia Surco e Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo e Benigno Vázquez Colino, responsable de marketing da mesma federación.


O traxecto das dúas mangas será ó longo do termo municipal. Tendo en conta que un Rally Mix é unha modalidade de competición que se desenvolve sobre terreno mixto e na que o percorrido non se desvela ata horas antes para imposibilitar os adestramentos, haberá unha certa dose de misterio. Ademais poden participar dende KartCross ata carrozados de todo tipo.

Modificouse o Martes, 06 Agosto 2019 12:49
Valora agora
(1 Vote)