Imprimir esta páxina
09
Julio

Reciclar no Porriño ten premio

Medio centenar de establecementos do Porriño sumáronse á iniciativa "Tropa Verde" para premiar a reciclaxe

Concello do Porriño, a plataforma “Tropa Verde” e directivos da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN) presentaron hoxe en rolda de prensa a iniciativa de recollida e reciclaxe de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos fora de uso.


Por terceiro ano consecutivo “Tropa Verde” e o Concello do Porriño manteñen a súa colaboración coa finalidade de concienciar ós porriñeses sobre a importancia da reciclaxe. Sergio Casal, concelleiro de Limpeza, manifestou o seu desexo de “poder establecer con Tropa Verde e a ascoaición ADEN máis accións de fomento da reciclaxe que poderían extenderse ás parroquias do concello.”


Este ano tres establecementos de venda de electromésticos de Porriño súmanse como entidades colaboradoras habilitándose 3 puntos novos onde se facer entrega de aparellos eléctricos en desuso. Son Master Dani, en rúa Progreso, 15; Connecta Bugarín no lugar de Abelenda, 2  en Pontellas; e Tien 21 Reverendo na rúa Ramiráns, 13.


Cada vez que unha persoa acuda a unha destas tendas a entregar un vello electrodoméstico, recibirá un cheque con estrelas que pode trocar por recompensas en forma de premios e descontos en comercios e hostalaría local que colaboran. Neste intre xa son cincuenta establecementos comerciais e de hostalaría que se vencellaron á iniciativa.


Para estimular a participación da veciñanza de Porriño “Tropa Verde” vai realizar “unha laboura de buzoneo para contrarrestar a falla de información que moitas veces dificulta a reciclaxe”, manifestou Marta Morán, responsable de “Tropa Verde”.


Pola súa banda Javier de la Cerda, secretario xeral e Paula Paz, directora técnica da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos, explicaron que esta organización patronal “engloba ás cadeas de distribución e as tendas de venda de electrodomésticos que son comercios locais ou de proximidade que teñen un maior compromiso co medio ambiente”. “Nós representamos a máis de 600 establecementos polo que estamos presentes en máis de 170 concellos de Galicia e sumamos unha superficie de venda na nosa comunidade  que supón 96.000 metros cadrados máis do que teñen as grandes superficies comerciais”, engadiu Paula Paz.

Valora agora
(0 votos)