O fiscal reclama que o home que presuntamente abusou sexualmente da súa filla dende que tiña seis anos sexa condenado a seis anos de prisión e oito de liberdade vixiada, unha vez cumprida a pena privativa da liberdade, coa obriga de participar en programas formativos de educación sexual.
Asimesmo, solicítase a privación da patria potestade, a inhabilitación para calquera profesión ou oficio que conleve contacto directo con menores durante once anos e a indemnización económica á vítima.