Imprimir esta páxina
05
Junio

Retidos máis de 4 millóns do orzamento do Porriño por incumprimentos

A liquidación do exercizo 2018 devolve graves incumprimentos: incumpren o obxectivo de estabilidade orzamentaria, incumpren a regra de gasto por segundo ano consecutivo,  o periodo medio de pago a provedores e o   Plan Económico Financiero aprobado polo pleno para asegurar a capacidade financieira do Concello

 

Existen facturas pendentes de pago por un valor superior aos 4,8 euros aos que hai que sumar os case 3 millóns de euros da débeda adquirida co Concello de Vigo polo consumo da auga, datos que levarían a negativo o Remanente de Tesourería dispoñible


A Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Política Financieira, remitiu ao Concello do Porriño, o pasado luns 3 de xuño,  unha resolución de adopción de medidas polo incumprimento da estabilidade orzamentaria e a solicitude de acordo de non dispoñibilidade de créditos (retención) por valor de 4.156.032, 59 euros.

 

O escrito fai constar que na liquidación do exercicio 2018 constatouse o incumprimento da estabilidade orzamentaria (en máis de 3, 7 millóns de euros) e a regra de gasto (en máis de 4 millóns de euros), estando vixente o Plan Económico Financieiro aprobado polo pleno en novembro de 2018 ao ter incumprido xa a regra de gasto e o periodo medio de pago a provedores no anterior exercizo. Así, esta sería a segunda ocasión consecutiva en que o executivo incumpre a regra de gasto.

 

Con tal motivo apercibese ao Concello a adoptar medidas adicionais para garantir na liquidación do 2019 a capacidade de financiación. A primeira destas medidas, advertida pola intervención municipal, é a retención de crédito por máis de 4 millóns de euros, diñeiro do que o Concello non poderá dispoñer este ano.

 

A advertencia da delicada situación económica na que se atopa o Concello do Porriño non é nova. Previo a este comunicado e tras a liquidación do 2018 un informe da intervención municipal, con data 10 de maio de 2019, advertía dos graves incumprimentos en materia financieira por parte da facenda local: incumpren o obxectivo de estabilidade orzamentaria, a regra de gasto por segundo ano consecutivo e o incumpren o propio Plan Económico Financiero aprobado polo pleno para asegurar a capacidade financieira do Concello. O Concello incumpre tamén o Periodo Medio de Pago a Provedores

 

Tal e como se advirte neste informe de non adoptarse as medidas previstas, que inclúen a retención de credito, ou no caso de que estas resultaran insuficientes o Ministerio de Facenda podería desprazar ao Concello do Porriño unha comisión de expertos para valorar a situación económico-financieira da administración local e tomar as oportunas medidas de intervención.

 

Cabe destacar neste sentido que existen facturas pendientes por un valor superior aso 4,8 millóns de euros pertencentes a un gran número de provedores do Concello que prestaron os seus servizos nos anos 2016, 2017 e 2018 e continúan sen cobrar.

 

Remanente de Tesourería a negativo

 

O Remanente de Tesourería , no que se ampara públicamente a rexedora para asegurar que as contas están saneadas e o Concello é solvente, en realidade non podería destinarse a tales efectos, ao marcar a lei que este só pode adicarse a inversións financieiramente sosteñibles e en calquer caso, para isto tería que terse cumprido a Regra de Gasto e o Periodo Medio de Pago a Provedores, requisitos que o Goberno de García de la Torre e a concelleira de Facenda Lourdes Moure non cumpriu.

 

Os "9 millóns" que a rexedora defende ter como remanente, e tal e como se recolle na liquidación do exercizo 2018 non serían tal. Finalmente do saldo representativo do valor real do Remanente de Tesourería deben deducirse outras débedas esixibles ao Concello e pendentes de pagamento, como é o caso da débeda co Concello de Vigo. Retirarse do procedemento xudicial e asumir o pagamento de 2.886.204 euros polo consumo de auga ao Concello de Vigo foi unha das primeiras medidas de García de la Torre como Alcaldesa.

 

Disto, tal e como se recolle no informe da liquidación, resultaría un saldo final do Remanente de Tesourería de -178.302,40 euros, resultado negativo que non se deriva da instrución da contabilidade senón polo principio de prudencia nas estimacións tendo en conta as débedas pendentes con provedores e co Concello de Vigo.

Valora agora
(1 Vote)