Imprimir esta páxina
13
Mayo

Aberto o prazo de inscrición da segunda edición de “Empanadas no Ring”

O certame celebrarase o 1 de xuño

O pasado venres 10, a Comisión Organizadora da IVª Feira do Pan do Porriño, aprobou as bases que rexerán a IIª Edición do Certame de Empanadas do Porriño, coñecida como "Empanadas no Ring". Nesta edición, aplicáronse varias modificacións para permitir unha maior participación de equipos no mesmo, sendo o equipo mínimo de 2 persoas. O Xurado, composto polas panaderías participantes máis unha persoa proposta pola organización, valorará 3 aspectos á hora de xulgar cada proposta: a forma (4 puntos), o sabor (4 puntos)  e a historia e tradición da empanada (2 puntos).

 

O concurso funcionará en 3 fases: valoración inicial, semifinal e final. O único requisito das empanadas é que teñen que ser con masa de pan de trigo, pero poden ter carlquer forma e recheo. No ano 2018, a empanada gañadora foi unha exquisita e tradicional empanada de xoubas, seguida por unha empanada de Balallau con pasas.

 

O gañador desta nota edición, levará un premio consistente nunha experiencia Smartbox para dúas persoas, cortesía de Seguros Reale Porriño, patrocinadora do evento.


O certame celebrarase o 1 de Xuño ás 19:00 horas e os participantes poden apuntar a súa empanada ata o xoves 30 de Maio enviando un email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou chamando ao 693407755.

 

Máis info en https://pandoporrino.wordpress.com/2019/05/12/publicamos-as-bases-do-iio-certame-de-empanadas-no-ring/

Modificouse o Lunes, 13 Mayo 2019 15:58
Valora agora
(1 Vote)