Imprimir esta páxina
15
Abril

De Fronçac ao Porriño

Un grupo de mozos e mozas da vila francesa de Fronçac chegaron esta fin de semana ao Porriño. A comitiva de 16 estudantes franceses mailos dous profesores acompañantes partiron hoxe en autobús ata Santiago onde realizan unha ampla visita turística. Esta excursión á capital galega é a primeira das actividades culturais, de ocio e deportivas organizadas polo Concello de Porriño en colaboración co IES Ribeira do Louro e outras entidades para este grupo de estudantes de intercambio procedentes da vila francesa.

A comitiva chegou onte a Porriño e recibiron un avasallo de benvida nas instalacions do Círculo Recreativo Cultural xunto coas familias porriñesas que aloxan nas súas casas ós estudantes galos, do mesmo xeito que fixeran familias francesas cos alumnos do IES Ribeira do Louro que viaxaron o ano pasado ata Francia.

 

O programa de actividades continuará mañan martes cunha visita ás instalacions de  “Blokdegal” e outras empresas de transformación do sector da pedra en Porriño. Nos vindeiros días realizarán un treito do Camiño Portugués, entre Tui e Porriño ou recibirán unha clase de escalada no rocódromo do Polideportivo a cargo doalpinista Jesús Martínez Novas.

Valora agora
(0 votos)