Imprimir esta páxina
11
Abril

A AECC achega o labor do voluntariado ao Porriño

Co teu tempo podes axudar a moitas persoas que teñen cancro e ás súas familias. Descubre qué significa ser voluntario da Asociación Española Contra o Cancro na charla gratuita que acollerá o Centro Cultural Municipal este venres 12 de abril, ás 19 horas.

Na mesma participarán Carmen García Hijano, Coordinadora de Voluntariado de Hospital e Domicilio, Rebeca Castro, Coordinadora de Voluntariado Xeral, representantes da Xunta Local do Porriño e voluntarios da AECC en diferentes eidos de acción que explicarán de primeira man e dunha maneira totalmente práctica o labor que realizan.

 

O traballo dos voluntarios e voluntarias da AECC é fundamental para que os equipos profesionais podan axudar aos enfermos e ás súas familias, así como o importante labor divulgativo que se realiza dende a asociación. Eles son un pilar fundamental da organización e ti podes ser un deles.


Podes elexir a forma que mellor se adapte a ti. ¡Faite doante de tempo!

Valora agora
(0 votos)