Imprimir esta páxina
Traballador municipal de Limpeza recollendo o lindano que apareceu en superficie o día 14 de marzo, antes de que comezasen os movementos de terra Traballador municipal de Limpeza recollendo o lindano que apareceu en superficie o día 14 de marzo, antes de que comezasen os movementos de terra
28
Marzo

Investíganse os movementos de terras no verquido de lindano de Torneiros

A Policía Autonómica personouse no lugar tras darse parte a Medio Ambiente da aparición do tóxico. Pola súa banda, a Policía Local ven de iniciar unha investigación para determinar quen depositou a terra supostamente contaminada no monte e  quen foi o responsable do movemento de terras posterior á detección do verquido

imaxselindandoA localización dun novo verquido de terras contaminadas con lindano procedentes, supostamente, das obras levadas a cabo nos barrios do Contrasto e Pereira desembocou xa en senllas investigacións, da Policía Local e de Medio Ambiente, para esclarecer a responsabilidade dos feitos.

 

As alarmas saltaban o pasado 13 de marzo, cando uns veciños que camiñaban por esta zona de monte comunal de Torneiros, atoparon depósitos de lindano na terra deste solar. Tal e como confirman a  este medio, ese mesmo día deuse conta do achado á Comunidade de Montes, propietaria do terreo.

 

Foi o día seguinte, o 14 de marzo cando unha veciña deu conta á Policía Local do Concello do Porriño do achado, trasladándose ata o lugar unha patrulla para acreditar a aparición do que semellaba ser lindano. De seguido, persoal de Limpeza, tal e como refiren dende o Concello, procedeu á retirada das pedras que se atopaban en superficie “coas correspondentes medidas de seguridade para estes casos”. Según informaron hoxe, estes achados de lindano “están gardados nun bidón precintado a expensas do resultado das probas de laboratorio”.

 

Para sorpresa dos veciños e veciñas do barrio, nos seguintes días,  comezouse a realizar un movemento de terras - ao parecer para realizar un muro de contención- nese mesmo lugar removendo e tapando a terra contaminada. Tal e como se pode apreciar nas imaxes, unha vez comezado o movemento de terras podíanse ver restos do tóxico entre as pedras e o característico cheiro invadía o lugar.

 

IMG 20190326 WA0044Ante esto, os veciños deron un ultimatum á Comunidade de Montes instándoos a que deran conta á Consellería de Medio Ambiente para que procedese á retirada do residuo e descontaminación da zona nun prazo de catro días, tal e como aconteceu. Os comuneiros denunciaron o pasado xoves a aparición de restos de lindano na súa parcela procedentes das obras realizadas no Contrasto e Pereira. Según informou á Plataforma Antilindano esta semana, os comuneiros explicaron que “por aquel entón deuse autorización para verter estas terras, pero eles non sabían nese momento que puidera levar nada contaminante. Tan só autorizaron o depósito de terra nun socavón”.

 

De demostrarse que eses restos proceden das obras de saneamento levadas a cabo no 2017, esa terra contaminada levaría máis dun ano no monte de Torneiros e partiría do mesmo desterro que a que se levou á canteira de Xinzo.

 

O pasado martes, puidose ver a axentes da Policía Autonómica no lugar recollendo mostras para acreditar a presencia do tóxico e resolver a súa procedencia. Hoxe, ordenouse o inicio dunha investigación paralela da Policía Local do Porriño para averiguar por unha parte, quen foi o responsable do movemento de terras posterior á aparición do tóxico, e por outra banda, determinar quen depositou esa terra no monte comunal inicialmente.

 

Dende o Concello do Porriño insisten en que non tiñan coñecemento das obras de construción deste muro pero, a día de hoxe, recoñecen que sí tiñan constancia da aparición de supostos restos de lindano neste monte dende o día 14 de marzo.

 

IMG 20190326 WA0041

Imaxe tomada o 14 de marzo

 

IMG 20190326 WA0028

Actual

 

Modificouse o Jueves, 28 Marzo 2019 18:53
Valora agora
(0 votos)