Imprimir esta páxina
13
Marzo

Os nenos e nenas de Torneiros sementan vida nos montes de Chenlo

Arredor de 100 alumnos do CEIP Antonio Palacios e o CEIP Plurilingüe da Ribeira plantaron 50 cerdeiras na contorna do campo de fútbol de Chenlo

Escolares do CEIP Antonio Palacios e o CEIP Plurilingüe da Ribeira participaron esta semana na plantación de árbores autóctonas nos montes de Chenlo. Arredor de 100 nenos e nenas dos colexios de Torneiros conmemoraron deste xeito, como cada ano, o a Xornada Mundial Forestal tamén denominada Día da Árbore, que cada ano coincide coa entrada da primaveira o 21 de marzo. Nesta ocasión, e debido aos cambios climáticos que estamos a vivir, adiantouse unhas semanas para asegurar que as árbores plantadas polos cativos medren con toda seguridade.

 

A actividade, organizada pola Entidade Local Menor de Chenlo en colaboración coa Xunta de Galicia, persigue concienciar aos máis novos sobre a importancia ambiental e económica do sector forestal e o vital de coidar entre todos o noso ben máis preciado: o entorno.

 

A tal fin, unha brigada de axentes medioambientais do distrito XVIII da Consellería de Medio Rural, explicou aos pequenos e pequenas os pasos a seguir para plantar as 50 cerdeiras que darán vida aos montes de Chenlo.

 

Acompañando aos cativos, estivo o alcalde pedáneo de Chenlo, Alejandro Lorenzo, o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, o director do CEIP Antonio Palacios, Andrés Vieitez, e a xefa de estudos do CEIP da Ribeira, Mar Lorenzo, que tamén botaron un man e non dubidaron en coller os sachos e a mangueira para prantar as árbores.

 

Para lembrar quen prantou cada árbore, os pequenos e pequenas penduraron do seu tronco o seu nome. Así, cada unha das árbores dos montes de Chenlo ten nome propio.

 

Modificouse o Miércoles, 13 Marzo 2019 12:25
Valora agora
(0 votos)