Imprimir esta páxina
07
Febrero

Maderas Iglesias aplicará o ERE suspensivo a partir deste luns

O comité de empresa informará aos traballadores na asemblea que terá lugar este venres no Porriño

A dirección de Maderas Iglesias confirmou que a partir do luns comezará a aplicar o ERE suspensivo unha vez que a mediación celebrada hoxe na Inspección de Traballo rematou sen acordo. O comité celebrará unha asemblea co cadro de persoal este venres para informar sobre o contido da xuntanza.


Durante xuntanza a tres bandas (autoridade laboral, empresa e representación sindical) o comité reiterou a súa esixencia de que se retirase o ERE dun ano de duración para as 205 traballadoras e traballadoras de Maderas Iglesias ao entender que a medida non é a solución que precisa a compañía. Neste senso, lembran que "a propia dirección se comprometera a non aplicar máis, compromiso que permitiu desconvocar a folga indefinida".
Segundo explican dende o comité, durante a reunión abordouse a posibilidade de que a compañía presente outro ERE extintivo que afectaría unicamente a traballadores que se presentasen voluntarios.  


Ademais, sosteñen que o único que garantiría a supervivencia da empresa sería a aparición dun grupo inversor que estivese interesado na súa adquisición, “pero para iso precisamos a implicación da Xunta, tal e como dixo que faría”. Pero dende o comité apuntan que polo de agora non se produciu ningún avance nese sentido.


O contido da xuntanza celebrada hoxe na sede da Inspección de Traballo en Vigo será abordado este venres na asemblea de traballadores que se celebrará nas instalacións de Maderas Iglesias no Porriño a partir das 13:45 horas.

Modificouse o Jueves, 07 Febrero 2019 18:50
Valora agora
(0 votos)