O club ximnasia Porriño participou os día 7 o 11 de novembro con 16 ximnastas no Campionato de España de rítmica de base celebrado en Murcia, obtendo uns resultados fabulosos.
Os seu conxunto infantil (Subcampión galego) clasificouse no posto 45, é dicir entre os 50 mellores de toda España. Daniela Costa acadou o 4 posto, Noa Filgueira o 6 posto, Mónica Rodriguez o 10 posto, Alba Sousa o 23, María Oliveira o 25 e Lucia Casillas o 33.
En todas as categorías contan con moitísimos participantes, cos mellores ximnastas de todalas comunidades autónomas, entre eles os nosos ximnastas!!
O Club ximnasia Porriño esta a recibir a noraboa doutros clubs e organizacións pola sua contribución a ese histórico 5 posto na clasificación xeral da comunidade Galega, un feito que sube a calidade da rítmica galega os postos mais relevantes do panorama español