Imprimir esta páxina
O BNG do Porriño recolle firmas a prol dunha tarifa eléctrica galega Recollida de sinaturas o pasado venres na praza do Concello
06
Noviembre

O BNG do Porriño recolle firmas a prol dunha tarifa eléctrica galega

O vindeiro venres 9 de novembro a partir das 19:00h continuarán coa recollida de sinaturas na Praza do Concello

O pasado venres o BNG do Porriño iniciou unha campaña de recollida de firmas para reclamar unha tarifa eléctrica galega, a supresión dos suplementos territoriais que gravan a factura eléctrica e a redución do IVE que se lle aplica ao subministro eléctrico do 21% ao 4%.

 

"Porque é imperativo demandar cambios inmediatos na regulación eléctrica para que a electricidade sexa un servizo básico e estean cubertas as necesidades sociais e económicas dun país coma o noso, tendo en conta que a xeración eléctrica leva aparellados elevados custos sociais e medioambientais que deben sernos compensados.", apuntan os nacionalistas.

 

O vindeiro venres 9 de novembro a partir das 19:00h continuarán coa recollida de sinaturas na Praza do Concello.

Valora agora
(1 Vote)