Familiares, amigos e veciños de Don José Giráldez Lago reuníronse onte para demostrar o seu recoñecemento a este entrañable veciño polo seu 100 cumpreanos. Cun século de vida como equipaxe, Don José é un dos representantes no municipio desa xeración que traballou de sol a sol para sacar adiante as súas familias en tempos de dificultades e escasez.
Durante a súa longa vida gañouse o cariño de todos os seus veciños, como lle demostraron onte acompañandoo durante o seu aniversario, celebrando unha misa na súa honra e agasallandoo cunha gran festa. A súa parroquia, da man do seu párroco D. Víctor quixo amosar os seus respectos a José. A súa famiia, seus veciños, e os seus compañeiros da peña barcelonista de Atios, equipo do que D. José é un gran siareiro, organizaron unha xornada que, estamos seguros, gardará fondamente no seu recordo. E é que pese á súa idade José conserva un envidiable estado de saúde, física e mental, que permitiu que vivira intensamente e sen perderse nada deste gran día.
A historia de D. José é parte da nosa historia. Natural de A Rocha, Atios, comezou de mociño, como tantos, traballando duro na canteira co seu tío. Logo chegou a guerra, que se cruzou na súa vida e tivo que unirse coa súa quinta. Foi zapador, tal e como el conta na batalla do Ebro "o caudal do río era vermello como a sangue e tiñamos que pisar os corpos mortos para podelo cruzar", esto ten que marcar sí ou sí o caracter dunha persoa, a súa perspectiva e o resto da súa vida. Logo chegou a posguerra e tempos de paz, que José tivo que superar con esforzo e moito traballo ao lado da súa muller.
Xa de volta, como non lle gustaba moito a canteira comezou a traballar na cimentación de Zeltia Agraria onde traballou durante 37 anos. Pola súa labor e responsabilidade foi acendendo de postos dende carteiro ata ser responsable de tecnoloxías.
Durante este tempo casouse e tivo nove fillos, eses fillos déronlle 12 netos, 13 bisnetos e 2 tataranetos... todos os eslabóns da familia, amigos e coñecidos que onte , como sinalaba o seu neto Santiago reuníronse "para agradecerlle que formou parte de cada un de nós, coas súas ensinanzas, coa súa sabiduría... que si tuveramos que contar toda unha vida tan lonxeva como a que el ten nos seríamos incapaces de recordar, cousa que el sí o fai". Por iso, a súa familia espera que este día o garde como un máis das súas vivencias e que saiba "que ainda que só lle dedicamos estes curtos momentos empre o temos presente e disfrutamos da súa compañía, moitas grazas por formar parte de nós". Algo que estamos seguro, Don José xa sabe, pois os seus ollos empáñanse e brilan dun xeito especial cando nos fala da súa muller, falecida hai sete anos, e os seus fillos e netos. Cen anos de experiencias entre as que destaca sobre todas as cousas o amor pola súa familia.
Dende Sondolouro, e persoalmente quen escribe estas liñas, queremos felicitar dobremente a Don José Giráldez, primeiro por chegar a esta idade e en segundo lugar, por facelo con ese bo espírito que supón todo un exemplo para nós. MOITÍSIMAS FELICIDADES DON JOSÉ !!