46 establecementos participarán nesta edición da ruta de tapas organizada por ACIPOR, que como cada ano se desenvolverá os venres e sábados de novembro
A hostalería do Porriño ultima os preparativos para a décima edición da ruta de degustación de tapas e pinchos "O Pinchorriño", unha cita gastronómica ineludible na axenda porriñesa. Durante os venres e sábados do mes de novembro, O Porriño recibirá a centos de persoas chegados de diferentes puntos da xeografía galega e incluso de fora das nosas fronteiras, nun evento que cada ano colle forza e medra en calidade. Nesta ocasión, serán 46 os establecementos de hostalería participantes que se esmerarán en crear o seu mellor pincho e superar o difícil reto de superar o listón.
Durante a presentación do evento, o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto mostrouse seguro do éxito desta edición "estamos seguro que así sera, O Porriño non é todo canteiras e industria, tamén está a hostalería local. Dende o concello estamos comprometidos en defender todos os sectores económicos e por eso seguiremos apoiando estes eventos".
Fai dez anos que O Pinchorriño xurdiu como "unha idea", explica a presidenta de ACIPOR, Juana Pérez, "é un evento moi especial é o que lle temos moito cariño, comezamos 17 establecementos e ata hoxe que contamos con 46 locais". E é que a ruta consolídase batindo records en cada edición, se o ano pasado se contabilizaron unhas 15.000 persoas que sellaron a súas papeletas este ano aumentase a tirada en 1000 máis, seguros de que se esgotarán.
Durante a presentación, anunciaron tamén que se realizarán, en colaboración coa Policía Local controis preventivos de alcoholemia, onde se poderá comprobar se estamos en condicións de coller o coche dunha maneira segura. Ademáis destes controis informativos, se realizarán dous controles máis de alcoholemia.
Unha novidade da pasada edición, que debido ó exito obtido se mantén é a aplicación Rutappa, que xa se pode descargar, onde se poden visualizar os pinchos e coñecer os establecementos participantes.
Como cada ano, os participantes irán completando a ruta que, optando con catro sellos a participar nun sorteo de dúas fins de semana nunha casa rural.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, clausurou a presentación invitando "a todo o mundo a acercarse ó Porriño e disfrutar do noso ambiente e a nosa hostalería. Porriño é moito máis que industria, e ten moito que ofrecer".