Imprimir esta páxina
Imaxe: Sondolouro Imaxe: Sondolouro
04
Noviembre

Os medios de extinción traballan arreo para apagar un lume nunha antiga fábrica en Budiño

Os servizos de emerxencia continúan neste intre traballando no incendio que se iniciou na fábrica de Ucha, unha fábrica de madeira sen actividade en Eirís, na parroquia de San Salvador de Budiño

Un particular chamou ó CAE 112 Galicia sobre as 07:00 horas de hoxe, para pedir axuda. Así, de inmediato, dende o Centro de Atención ás Emerxencias se informou ós Bombeiros de Baixo Miño e Ponteareas. Igualmente, se alertou ao servizo provincial de incendios, ante o temor de que o lume pasara ó monte. Axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil de O Porriño, de Ponteareas e de Mos tamén participan na extinción do lume que - neste momento- continúa activo.

Modificouse o Miércoles, 04 Noviembre 2015 09:42
Valora agora
(1 Vote)