Sinalan que "este compromiso xa ven desde primeiros do ano 2019, cando Nidia Arévalo anunciou antes das eleccións municipais que de xeito inmediato se executaría un plan para eliminar o tráfico pesado da avenida de Puxeiros. Daquela no paquete de promesas electorais anunciou a apertura dun aparcadoiro público de superficie para aliviar a escaseza de zona de aparcamento de vehículos no alto de Puxeiros".
Indican que "si ben o aparcadoiro non tivo mais recorrido que o dunha típica promesa electoral", ao respecto da eliminación do tráfico a alcaldesa reafirmou o seu compromiso nunha reunión con representantes da asociación.
"En agosto do ano 2020 volvíase a anunciar nas redes do concello a inminente execución deste proxecto para a eliminación do tráfico nos núcleos residenciais de Puxeiros é Sanguiñeda", explican os veciños, "Incluso na propia web do concello se xáctaron de ter concedida unha subvención do Plan Concellos 2020 para acometer a sinalización".
A asociación denuncia que, dous anos despois do primeiro anuncio da aplicación inmediata do plan de restricción de tráfico, non se acometeu ningunha actuación para levalo a cabo.
"Os veciños estamos cansados das promesas incumplidas, non entendemos onde meten os cartos destas subvencións e seguimos a espera de que se reduzca o tráfico pesado para que as rúas sexan mais seguras para os veciños, e que teñamos un pouco de acougo de tanto ruído e fume" - declara Catalina Coya, membro da directiva da asociación veciñal.
A Asociación veciñal de Tameiga exise ao Concello que acometa sen máis demora as medidas necesarias para pacificar o tráfico na zona urbana residencial de Puxeiros e devolver a tranquilidade á veciñanza.