Cinco anos despois de iniciar o compromiso do operador R coas empresas asociadas á Asociación de Empresarios de Mos (Aemos), este continúa con maior forza. No seu día, Aemos, no seu papel clave como impulsores da modernización e dixitalización nas empresas do municipio, reclamaba inversións para levar a dixitalización nas empresas do municipio, reclamaba inversións para levar a fibra a diferentes zonas industriais, e R decidiu sumarse ao reto e invertir en polígonos como A Veigadaña, Rebullón e a Avenida de Peinador.
Pasados os anos faise imprescindible actualizar estas infraestruturas e levalas a zonas onde aínda se mantén unha situación precaria no que a telecomunicacións se refire. O proceso de transformación dixital do sector, acelerado pola pandemia, fai ineludible novas actuacións para mellorar a rede de telecomunicacións cunha máis actualizada e con capacidade para afrontar novos retos tecnolóxicos e empresariais.
Neste sentido, R acometerá a modernización da rede coa tecnoloxía FTTH, que achegará a fibra a unha gran parte de asociados e clientes, mellorará a velocidade, a latencia e ofrecerá unha maior capacidade de resposta dos seus servicios de telecomunicacións.
Para migrar á nova rede con máis facilidade e rapidez, R habitou unha canle de comunicación exclusiva para realizar calquera consulta a través do email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono 900815825. Os prazos fixados para completar ese proceso de alta e instalación do servizo coa nova rede non superarán os 15 días, en resposta a un compromiso de axilidade por parte da empresa de telecomunicacións.
Sen dúbida, este paso a unha nova infraestrutura actualizada e de alta capacidade, preparada para velocidades de ata 1Gbps, vai permitir redimensionar as empresas asociadas a Aemos, a través dunha rápida dixitalización que as fará, sen dúbida, máis competitivas.
Co obxectivo de dar a coñecer con máis detalle as vantaxes e posibilidades que ofrece esta mellora de rede, Aemos invita ás empresas asociadas a participar no webinar informativo fixado para o vindeiro xoves, 4 de marzo, ás 9h, a través da plataforma Zoom. As persoas interesadas en asistir deben formalizar a súa inscripción enviando un correo electrónico á dirección asociacióEsta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. cos datos da empresa, nome da persoa participante, número de teléfono e un email de contacto.