Imprimir esta páxina
21
Enero

Un operario ferido en Mos tras ser alcanzado por un camión

Un operario resultou ferido en Mos despois de ser alcanzado por un camión no Polígono Industrial de Veigadaña. Para ser atendido das lesións provocadas polo impacto, o traballador foi evacuado polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Foi unha persoa particular quen alertou a través da súa chamada ao 112 Galicia minutos antes das nove desta mañá. A partir de aí, activouse un operativo formados polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os membros do servizo local de emerxencias. Tamén contaron co apoio dos axentes da Garda Civil.

Valora agora
(3 votos)