Imprimir esta páxina
08
Octubre

O BNG presenta unha batería de propostas para mellorar os colexios públicos de Mos

Reclaman melloras nas infraestruturas e reforzos de persoal para garantir a seguridade e atender mellor ao alumnado

O grupo municipal do BNG levará ao pleno do mes de outubro demandas dos usuarios e o persoal dos colexios públicos de Mos. Coincidindo co inicio do curso, o portavoz nacionalista no concello, Gustavo Barcia, realizou unha serie de consultas para coñecer de primeira man as súas necesidades. En moitos casos é o propio Concello quen debe poñer os recursos e o persoal necesario para cubrir estas carencias, pero naquelas cuestións que son competencia da Xunta, Barcia vaille reclamar ao goberno municipal “que intermedie e presione para que se acometan as melloras precisas canto antes”.


"No concello de Mos existen na actualidade cinco colexios públicos e todos eles teñen necesidades sen cubrir de cara ao curso 2018-2019 que acaba de comezar", apuntan dende o BNG. No CEIP Pena de Francia e no Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda denuncian "a ausencia dun plan de protección que debe ser elaborado polo Concello para garantir a seguridade do estudantado nas horas de entrada e saída. Son tamén frecuentes as reclamacións de melloras nas infraestruturas, particularmente nos centros educativos máis antigos. En Sanguiñeda demandan, por exemplo, un patio cuberto máis amplo; en Atín un novo acceso ao pavillón e en Petelos aseos nos ximnasios. Son todas elas vellas reivindicacións que seguen sen ser atendidas".


Reforzos de persoal


Moitas das demandas dos colexios públicos están relacionadas, tamén, coa necesidade de reforzar o persoal en diferentes áreas. "No CEIP Mestre Martínez Alonso necesitan un mestre por 25 horas que lles permita desdobrar unha aula con alumnos de necesidades especiais e no Valverde Maio solicitan un orientador con praza fixa que poida realizar un seguimento adecuado do alumnado. En Petelos denuncian, ademais, os prexuízos derivados de que o conserxe teña que rotar por diferentes centros educativos".

 

Propostas de mellora presentadas polo BNG:

 

Colexio Pena de Francia:


    •    Non existe plan de protección, este ten que ser elaborado polo concello.
    •    Hai arbores dentro do recinto que deben ser cortadas xa que non cumpren coa normativa.
    •    Así mesmo hai vexetación dentro do recinto que incumpre a normativa contra incendios.
    •    A rampla de acceso ao pavillón está sen rematar.
    •    A cerca ao carón do pavillón está en mal estado e é insuficiente xa que calquera rapaz pode 
saltala.
    •    O patio infantil está deteriorado.
    •    As pistas son de piche, ademais os elementos como porterías e canastras están enferruxados 
e deteriorados.
    •    Os canlóns dos tellados están completamente rotos e enferruxados.
    •    O aparcadoiro dos profesores está levantado con pedras, e require un asfaltado.
    •    O xardíns e a contorna está abandonado con silvas e maleza.

 

Colexio Mestre Valverde Maio Sanguiñeda:

 

    •    Non ten plan de autoproteción, hai tres anos existía pero coa última reforma que tivo o colexio este quedou invalidado pois hai novas entradas e saidas.
    •    Necesitan un patio cuberto mais amplo pois o que teñen é moi pequeno, teñen mais de 200 alumnos.
    •    A aula multiusos necesita un escenario, é necesario para as múltiples actividades que realizan.
    •    Necesitan un pequeno almacén onde gardar material, xa que o teñen desperdigado por todo o colexio.
    •    Hai que cortar e podar as árbores, xa que están moi grandes e ameazan a integridade do colexio, de feito hai unha árbore caída dende marzo.
    •    Sería necesario un aparcadoiro para os pais, xa que polas mañás é un caos.
    •    Que se faga unha limpeza profunda do colexio cando non haxa clases no verán.
    •    Que se cree unha praza de orientador fixa no colexio, agora teñen un provisional que vai 
rotando, o cal imposibilita un seguimento do alumnado.
    •    Cambiar os falsos teitos.
    •    Detrás do pavillón hai inundacións, reformalo.

 


Colexio de Atín


    •    Necesita un cambio de carpintería e dos falsos teitos, cambiouse parcialmente pero mais da metade do colexio está sen cambiar.
    •    Necesitan o novo acceso polo pavillón, xa se solicitou hai tres cursos e a cousa segue igual.
    •    Cambio dunha cuberta de uralita.

 


Colexio de Petelos


    •    Necesita aseos no ximnasio.
    •    Hai que facer unha remodelación do colexio en canto a eficiencia enerxética, xa que gastan 
moito en calefacción e aínda así pasan frío polo mal illamento.
    •    O curso pasado non foi ningunha limpadora ao final de curso.
    •    Que o conserxe rote por outros colexios é un perxuizo.
    •    Que se actualice o ROC.

 


Colexio Mestre Martinez Alonso Mos


    •    Ao seres o colexio mais novo é o que menos incidencia mostra.
    •    As súas necesidades van mais encamiñadas cara a consellería que a o concello, inda así o 
concello pode tratar de mediar ou presionar para que se atendan estas demandas.
    •    Necesitan un mestre por 25 horas para poder desdobra unha aula con alumnos de 
necesidades especiais, só llo concederon por 10 o cal non permite facer o desdobramento.
    •    Tamén reclaman que se aclare o tema da itinerancia, xa que teñen un profesor que vai dúas 
horas, unha das cales empregaría para desprazamento coa mingua que supón para o colexio.
    •    Tamén solicitan que se faga un novo ROC xa que o que hai é de 1997.

 

Modificouse o Martes, 08 Octubre 2019 11:35
Valora agora
(0 votos)