Dende GañaMos solicitan unha resposta por parte do Concello de Mos con respecto "a que está esperando o goberno de Mos para retiralo e solucionar o problema medioambiental causado por este acto delictivo. Dende o primeiro día o vehículo, da marca BMW, foi perdendo as pezas que poderían ter valor no mercado de reciclaxe de metais (motor, llantas, cableado, etc,…) e xa foi cambiado varias veces e posición. Nestes momentos (como se pode apreciar na foto) mantense en equilibrio sobre o lateral esquerdo, feito que supón un perigo para os usuarios do parque e os numerosos curiosos que se achegan ao enterarse deste suceso, xa que o vehículo pode caír enriba de calquera que se achegue. Segundo a información facilitada pola Policía Municipal a retirada dos restos correspóndelle ao seu propietario, ao que se lle está concedendo máis tempo do habitual por tratarse dun vehículo estranxeiro."
GañaMos denuncian ademáis o estado de este espazo público e instan ao Concello de Mos a levar a cabo unha serie de medidas: obstaculizar a entrada para impedir o acceso indiscriminado ós vehículos, iluminación pública, a pertinente sinalización e unha vixilancia policial mínima para evitar os actos vandálicos e verteduras de lixo que se veñen repetindo.
A Plataforma Veciñal mosense culpa á "desidia do goberno municipal" ó feito de que o protocolo aplicado pola Garda Civil foi o correspondente a unha zona forestal, e non á dun parque público de uso municipal. "De nada vale que o parque da Penacova apareza en folletos turísticos e propaganda municipal se non se realizan as melloras necesarias nin o mantemento deste espazo, que foi considerado un dos mellores recursos turísticos polos profesores e alumnos do obradoiro posto en marcha polo propio Concello no ano 2013", manifestan.
GañaMos demanda do Goberno de Mos a resolución inmediata do que consideran un perigo público, coa retirada inmediata do vehículo e que se abra un expediente de Medio Ambiente para asegurarse de que se van recoller tódolos restos de cristais, parafusos, arames,.... Tamén, a posta en marcha dun plan de adecuación do espazo afectado coas medidas referidas anteriormente e con outras que a Asociación Cultural Festa da Prehistoria, promotora do proxecto do parque, xa ven reclamando co fin dun adecentamento e mantemento para que este lugar sexa realmente un espazo de disfrute en contacto coa natureza, en non unha realidade virtual nun impreso