Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais e tampouco a estructura da nave se viu afectada polas lapas. Únicamente arderon materiais plásticos almacenados no interior do edificio e algúns cartóns.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos pasadas as 2:45 h. Según a información que remitían os alertantes ao centro de emerxencias, víase sair fume da parte traseira da nave. De contado, púxose en marcha o operativo e ao lugar acudiron Bombeiros do Baixo Miño e Morrazo, membros do servizo de emerxencias de Mos, Policía Local do Porriño, efectivos do 061- Urxencias Sanitarias e Garda Civil. Asemade, informouse ao persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
A nave conta cun sistema propio de extinción, que se activa de xeito automático en caso de detectarse o lume, e que controlou o incendio de inmediato. Unha vez apagadas as lapas, os servizos de emerxencia procederon a refrixerar a zona.