O home duns 50 anos conducía un BMW X6 cando se decatou das chamas. Inmediatamente parou o vehículo e foi correndo ata a gasolinaria para pedir axuda. Alí prestáronlle un extintor co que tentou sufocar as chamas sen éxito. Os Bombeiros do Porriño acudiron a apagar as chamas.