Imprimir esta páxina
16
Marzo

GañaMos propón a creación dunha Agrupación de Asociacións Socioculturais

O grupo municipal GañaMos propón a creación dunha Agrupación das Asociacións que promoven actividades socioculturais.


"As asociacións de Mos fan un traballo inmenso ofrecendo unha gran cantidade  e diversidade de actividades socioculturais pero moitas veces estas se solapan e contraprograman entre sí ou mesmo coas que programa o propio Concello", apuntan.
Por iso plantexan crear unha na que teñan voz todos os colectivos que organizan actividades e "converter así ao Concello nun colaborador e dinamizador, non nun competidor."


"Só é cuestión de vontade política dotar ao concello de ferramentas como un taboleiro dixital onde as asociacións e o propio Concello marquen os seus eventos programados para  así sabelo o resto con antelación e non coincidir no mesmo día os actos", explican, "Só é cuestión de vontade política que o portal municipal que anuncia os eventos de un tratamento igualitario a todas as asociacións e non suceda como agora que hai un Mos de arriba e un Mos de abaixo con asociacións malas e boas segundo a cor política dos membros que compeñen as sáus xuntas directivas".


Dende a agrupación defenden que se poden mellorar moitos aspectos da vida cultural e social do concello só con "vontade" e "diálogo con todas sen exclusións".

Valora agora
(0 votos)