Imprimir esta páxina
09
Marzo

73 mosenses peregrinan a Santiago para conmemorar o Día da Muller

Saíron onte de Tui e chegarán á catedral compostelá o vindeiro martes 12 de marzo

Onte, 8 de marzo,  celebrouse o Día Internacional da Muller 2019 e o Concello de Mos conmemórao coa iniciativa “Xuntas no Camiño” que onte deu comezo e rematará o 12 de marzo.

 

Participan un total de 73 mulleres mosenses entre as que se atopan a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e a edil mosense de Participación Cidadá, Julia Loureiro.

 

As 70 beneficiarias da actividade son mulleres de Mos maiores de 18 anos que realizarán o Camiño de Santiago dende Mos en 5 etapas. Cada etapa terá saída e regreso en autocar dende o Pazo de Mos.

 

Onte día 8 fíxose a etapa Tui – Mos (de 9:00 a 14:00 h), hoxe Mos – Pontevedra (de 9:00 a 17:00 h) o día 10 Pontevedra – Caldas (de 9:00 a 17:00 h), o día 11 Caldas - Padrón (de 9:00 a 17:00 h) e o día 12 Padrón - Santiago (de 9:00 a 20:00 h).

 

Por outra banda o sábado 16 de marzo celebrarase a Cea Baile “Son Muller” tamén para mulleres maiores de 18 anos, no Pavillón Óscar Pereiro. Dará comezo ás 22.00 h e o prezo por persoa é de 20 €.

 

usssssaaaxDSC 0081

Valora agora
(0 votos)