Imprimir esta páxina
Imaxe: OPC Garda Civil Imaxe: OPC Garda Civil
09
Marzo

Interceptado en Puxeiros un condutor que cuadruplicaba a taxa máxima de alcohol

A Garda Civil interceptou na autopista do Atlántico, na AP-9, en Puxeiros (Mos) sentido Vigo, a un condutor que cuadruplicaba a taxa de alcohol máxima permitida e que supoñía un grave risco para a circulación.

Arredor das 20:30 horas de onte luns, tal e como informan dende o instituto armado, unha condutora que circulaba pola AP-9 informou ao Centro Operativo da Garda Civil de Pontevedra da presenza dun turismo que circulaba de forma errática pola autopista, posiblemente baixo os efectos de bebidas alcoholicas.

 

Apenas dez minutos despois da alerta, unha patrulla do destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño, conseguiu interceptar ao vehículo á altura do Km 161, nas inmediacións de Puxeiros, ainda que tras varios intentos fallidos debido a que o condutor non facía caso aos sinais de alto.

 

O condutor é un veciño de Redondela de 42 anos de idade, que deu positivo nas probas de alcoholemia, con 1,04 e 1,08 mg/l, cuadriplicando desta forma a taxa máxima permitida de 0,25 mg/l.

 

A Garda Civil puxo os feitos en coñecemento do Xulgado de Instrución de Garda do Porriño, que será o encargado da instrución do correspondente procedemento penal, ante un suposto delito contra a seguridade vial.

 

No caso de que sexa condenado polos feitos, o condutor podería enfrentarse ás penas de prisión, multa ou traballos en beneficio da comunidade.

Valora agora
(0 votos)