O acto contou ca presenza de Celso Álvarez coordinador Crd. COGAMI Mos, a deputada provincial de cohesión social e xuventude Digna Rivas, a candidata do PSdeG de Mos Victoria Alonso e o secretario xeral das xuventudes socialistas de Galicia Aitor Bouza.
Alejandro Figueroa secretario xeral das xuventudes socialistas de Mos, agradeceu a colaboración das empresas que doaron os agasallos e cartelería facendo posible que o acto fose todo un éxito, tamén lle agradeceu ao concello de Mos que lles deixara o salón multiusos de balde para a celebración do acto e ás asociacións que participaron non so en esta edición, senon a todas as que levan participando dende a primeira edición do festival. Tamén quixo resaltar a labor tan importante que este proxecto ten para os usuarios do centro "xa que van poder aprender e por en valor todo o que son capaces de facer no seu día a día, é un gran paso para lograr a igualdade e a inclusión total de todas e todos sexamos coma sexamos".