Imprimir esta páxina
Camiño do Rosalino Camiño do Rosalino
03
Octubre

GañaMos alerta do paso de camións por un camiño rural

Pese a estar limitado a vehículos de 5,5 toneladas, polo camiño do Rosalino circulan a diario camións de ata 40 toneladas

O grupo de concelleiros de GañaMos Asemblea Veciñal denuncian o imcumprimento da limitación de peso no camiño do Rosalino, na parroquia de Sanguiñeda.

A plataforma faise eco así das numerosas queixas de veciños que viven na zona e utilizan o camiño que comunica a Avenida de Sanguiñeda cunha imortante zona industrial.

Ao parecer, camións de alto tonelaxe utilizan con frecuencia este camiño que está limitado e sinalizado de forma correspondente para ser usado por vehículos con límite TM Máximo 5.5 toneladas.

Dende GañaMos, tamén puideron comprobar que a maior frecuencia de tránsito é de 12 a 15 horas e de 18 a 20 h.

O trastorno e perigo ocasionado por vehículos de tonelaxe que sobrepasa o límite permitido e que utilizan este estreito vial que ademáis no conta cun firme resistente ven dado polo risco de accidente que esto conleva, o ruido que xenera así como a necesidade na que se ven moitos vehículos de recuar ao toparse cos camións de frente.
Asimesmo, os veciños trasladaronlle a GañaMos que esta siguación foi posta en coñecemento do Concello de Mos e a Policía Local hai xa mais dun ano, sen que se resolvera o problema a día de hoxe.

Por todo esto, a Asamblea Veciñal GañaMos reclama con urxencia unha actuación eficaz por parte do Concello que remate co problema.

Modificouse o Sábado, 03 Octubre 2015 12:26
Valora agora
(0 votos)