O Concellerio de Emprego, Promoción Económica e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto Abadín, inaugurou o mércores 30 de setembro un novo Obradoiro de Emprego dirixido á xuventude, concretamente a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos.
Soto, remarcou na súa intervención que “España non pode permitirse taxas de desemprego xuvenil do 50% e por elo aínda non tendo compenencias os concellos en materia de emprego, por sensibilidade, por solidariedade e por compromiso é necesaria a implicación de todos para tratar de dar solucións e saída a esta situación”
Este novo proxecto leva por título ‘Mos coa Mocidade’ e persegue o obxectivo de fomentar o emprego a través de programas mixtos de emprego e formación (Obradoiros de emprego), dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro nacional de garantía xuvenil.
Outra das finalidades deste obradoiro mixto de emprego e formación é mellorar a ocupabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese Xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente con dito traballo, procurando a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.
Participan neste programa aqueles mozas e mozos desempregados, de dezaoito ou máis anos e menores de 25 , ou menores de trinta no caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, que estean inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de garantía xuvenil.
O programa de garantía xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xove que se articula para dar resposta á situación laboral na que se atopan moitos mozos e mozas en Galicia. Contempla actuacións para mellorar la empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a súa situación dentro do mercado de traballo. Para inscribirse os interesados poden dirixirse á Axencia de Ccolocación do Concello de Mos (teléfono 986 487786) e ó Servzo Público de Emprego de Galicia (teléfono oficina de O Porriño: 986 331262), onde se lles indicarán os pasos que son necesarios para a súa inscrición e se lles axudará na tramitación.
Este Obradoiro de emprego conta con 16 alumnos, os cales terán dereito desde hoxe a un contrato de modalidade de contrato de traballo para a formación e aprendizaxe de seis meses de duración. A realización desta iniciativa será posible, como xa se dixo, gracias a unha subvención da consellería de Traballo e Benestar que supera o importe de 135.000 euros.
O Obradoiro de Emprego ‘Mos coa Mocidade’ constará de dúas especialidades: Seguridade e ambiente e Servizo socioculturais e á comunidade.
A través de ambas especialidades, os alumnos-traballadores poderán obter en cada especialidade dous certificados de profesionalidade completos, en concreto:
Seguridade e ambiente que inclúe limpeza de espazos abertos e instalacións industriais e xestión de residuos urbanos e industriais. Os obxectivos desta especialidade son realizar labores de limpeza en espazos abertos, instalacións e equipamentos industriais e recoller, transportar, valorizar e eliminar residuos urbanos e industriais. En concreto, estas actuacións vanse realizar nos seguintes locais, parques e rede viaria do Concello: rede viaria e espazos públicos de titularidade municipal de Puxeiros, Peinador, Sanguiñeda, San Rafael, San Eleuterio e San Antoiño; parque municipal Campo da Feira; parque municipal Igrexa de Cela; parque municipal de A Lagoa; parque municipal de Torroso; parque municipal de Torroso; parque municipal de Costoias; parque municipal de Sanguiñeda; parque municipal parcela multiusos; piscina municipal descuberta en San Eleuterio; piscina cuberta municipal no Pavillón “Oscar Pereiro”; Biblioteca Municipal do Concello de Mos. Os traballos de limpeza (mobiliario urbano, sumidoiros, beiravías, parques e xardíns ) das 6 zonas urbanas do concello (Puxeiros, Peinador, Sanguiñeda, Pereiras, San Eleuterio e San Antoiño), así como o baldeo e fregado dos espazos abertos con camión motobomba nas mesmas zonas urbanas e as labores de limpeza e mantemento da Piscina municipal descuberta San Eleuterio e Piscina cuberta municipal das Pozas, serán realizados con servizos propios do Concello e colaboración do persoal, maquinaria e medios auxiliares do Concello de Mos.
Servizo Socioculturais e á comunidade que inclúe dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, e dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Con esta especialidae o Concello de Mos pretende desenvolver unha actuación integrada de dinamización de actividades de tempo libre educativo e cultural entre os xoves e nenos/as do Concello, coa finalidade de ofrecer aos mesmos alternativas educativas e de ocio, que incidan directamente no seu desenvolvemento como individuo e na súa educación en valores. Esta actuación complementerá os recursos escolares e académicos en tempo lectivo e horario escolar, así como as actividades extraescolares de mozos/as e nenos/as.