Lorena Alonso e Mari Carmen Vaqueiro, dúas profesionais do eido socio-sanitario e xerontolóxico (Traballadora Social e Terapeuta Ocupacional) darán comezo en Tameiga e áreas limítrofes, a pé de rúa, un estudo de campo da realidade social có fin de coñecer as necesidades da veciñanza para a posta en marcha dun programa socio-terapéutico, especializado na atención ás persoas en situación de dependencia ou en risco de padecela. Non obstante, este programa contará con unha doble vertente, acollendo tamén ás persoas con alto rendemento e independencia mediante sesións grupais deseñadas segundo as súas inquedanzas e motivacións.
Estas actividades levaranse a cabo nas instalacións do Centro Cultural Deportivo As Pedriñas, situado na Avenida do Rebullón. Desta maneira pretende constituirse como un servizo aberto ao conxunto da poboación, desde unha persectiva comunitaria, integradora e interxeracional.