• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
O Concello apela a unha saída negociada para restaurar a capela do Cristo
Mos entrega aos seus hostaleiros medidores de C02
Salceda iniciará accións legais contra Telefónica por un poste no medio dunha estrada
Aberto o prazo para solicitar as axudas do `Plan Porriño Impulsa´
Mos, sede da primeira e única empresa en Galicia de ultraconxelado a -50 graos
Sanidade estudia 30 casos da cepa brasileira da Covid na área de Vigo
Mos acolle o Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021
O PP acusa á alcaldesa de denegar “á desesperada” un pleno para “intentar tapar a corrupción do Goberno local”
Interceptan a dous mariscadores furtivos nun control no Porriño
A Xunta asegura que a cuberta do colexio de Budiño está danada por falta de mantemento do Concello
`Na procura do medo esquecido´, o debut literario de Juáncho
O Concello non desmontará a cuberta do colexio de Budiño
O Concello do Porriño insta á Xunta a cambiar a cuberta do CEIP Cruz-Budiño
Centos de veciños acuden a informarse da revisión catastral en Mos
Regades entrega as chaves da futura gardería dos polígonos do Porriño
A Alcaldesa denega o pleno extraordinario ao PP "ao non constar acreditada a autenticidade das firmas dos edís"
Unha condutora, que cuadriplicaba a taxa de alcohol, pide axuda á Garda Civil para chegar ao seu traballo
02
Abril

Unha condutora, que cuadriplicaba a taxa de alcohol, pide axuda á Garda Civil para chegar ao seu traballo

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

A Garda Civil investiga por un delito contra a seguridade viaria a unha condutora que solicitou axuda para chegar ao seu posto de traballo alegando que se atopaba indisposta por inxerir bebidas alcohólicas.


Os feitos sucederon a pasada fin de semana cando se ten coñecemento, a través do servizo de emerxencias 112,de que unha usuaria, que viaxaba pola autovía A-52, de Ribadavia a Vigo, requiría a presenza da Garda Civil para que a trasladasen ao seu lugar de traballo debido a que non se atopaba en condicións de conducir por consumir bebidas alcohólicas.


A chamada foi atendida en, primeira instancia polo operador da central COTA da Comandancia de Pontevedra, para coñecer a súa localización e orientar á usuaria para que estacionase o vehículo nun lugar seguro o máis afastado posible da calzada.


Instantes despois, unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño localizou ao vehículo estacionado na beiravía da autovía, á altura do km. 274, no municipio da Cañiza.


A condutora, que se atopaba dentro do vehículo, ratificou aos compoñentes da patrulla que chamara ao 112 solicitando axuda para chegar ao seu posto de traballo, en Vigo, xa que se atopaba indisposta por inxerir bebidas alcohólicas.


Ao ser requirida para realizar as probas de alcoholemia deu resultado positivo cunha taxa de 1,04 mg/ l en aire expirado, o que supón algo máis de catro veces a taxa máxima permitida.


Unha vez retirado o vehículo da autovía por un guindastre, a condutora foi trasladada ao acuartelamento do Porriño, onde se lle notificou a súa condición de investigada como presunta autora dun delito contra a seguridade viaria. As dilixencias instruídas remitíronse ao Xulgado de Instrución de garda 2 de Ponteareas.


A condutora, de ser considerada culpable pola Autoridade Xudicial, enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses ou coa multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa privación de conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(6 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • As 20.000 axudas da Xunta para comprar electrodomésticos poderán solicitarse desde mañá
    As 20.000 axudas da Xunta para comprar electrodomésticos poderán solicitarse desde mañá
  • Aumenta a presión nas UCIS galegas con cinco ingresados máis
    Aumenta a presión nas UCIS galegas con cinco ingresados máis
  • Os novos contaxios dispáranse en Galicia
    Os novos contaxios dispáranse en Galicia
  • Sanidade estudia 30 casos da cepa brasileira da Covid na área de Vigo
    Sanidade estudia 30 casos da cepa brasileira da Covid na área de Vigo
  • O toque de queda retrásase ás 23 h en Galicia
    O toque de queda retrásase ás 23 h en Galicia
  • A Xunta abre mañá o prazo para solicitar a tarxeta turística #QuedamosenGalicia
    A Xunta abre mañá o prazo para solicitar a tarxeta turística #QuedamosenGalicia
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia