• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
O Concello apela a unha saída negociada para restaurar a capela do Cristo
Mos entrega aos seus hostaleiros medidores de C02
Salceda iniciará accións legais contra Telefónica por un poste no medio dunha estrada
Aberto o prazo para solicitar as axudas do `Plan Porriño Impulsa´
Mos, sede da primeira e única empresa en Galicia de ultraconxelado a -50 graos
Sanidade estudia 30 casos da cepa brasileira da Covid na área de Vigo
Mos acolle o Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021
O PP acusa á alcaldesa de denegar “á desesperada” un pleno para “intentar tapar a corrupción do Goberno local”
Interceptan a dous mariscadores furtivos nun control no Porriño
A Xunta asegura que a cuberta do colexio de Budiño está danada por falta de mantemento do Concello
`Na procura do medo esquecido´, o debut literario de Juáncho
O Concello non desmontará a cuberta do colexio de Budiño
O Concello do Porriño insta á Xunta a cambiar a cuberta do CEIP Cruz-Budiño
Centos de veciños acuden a informarse da revisión catastral en Mos
Regades entrega as chaves da futura gardería dos polígonos do Porriño
A Alcaldesa denega o pleno extraordinario ao PP "ao non constar acreditada a autenticidade das firmas dos edís"
Aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso
01
Marzo

Aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como aos de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexen cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

Desde hoxe e ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

 

As solicitudes de admisión poderán presentarse tanto de xeito telemático na aplicación ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) como de xeito presencial nos centros escolares que se elixan como primeira opción, prazo que permanecerá aberto ata o 22 de marzo.

 

A publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas publicaránse antes do 25 de abril, e as definitivas antes do 15 de maio. Posteriormente abrirase o prazo de fomalización de matrícula, que será do 20 ao 30 de xuño para alumnado de Infantil e Primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo para o de ESO e Bacharelato. Estes últimos contarán, ademais, cun prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 10 de setembro.

 

A ferramenta informática de admisión posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

 

Sorteo de letra

 

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar o pasado xoves na Consellería de Educación, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “W” e “S” para o primeiro apelido e “B” e “F” para o segundo.

 

O calendario de admisión e matrícula réxese pola Orde do 12 de marzo de 2013 modificada pola Orde de 18 de decembro de 2020, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado, que estableceu o arranque do procedemento de admisión o pasado xaneiro unicamente para o alumnado que remataba etapa nun centro escolar e tiña que pedir praza nun centro adscrito (o que lle corresponde ao cambiar de etapa). Agora ábrese o prazo para o resto do alumnado, é dicir, o que entra por primeira vez no sistema ou desexa cambiar de centro no próximo curso.

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • As 20.000 axudas da Xunta para comprar electrodomésticos poderán solicitarse desde mañá
    As 20.000 axudas da Xunta para comprar electrodomésticos poderán solicitarse desde mañá
  • Aumenta a presión nas UCIS galegas con cinco ingresados máis
    Aumenta a presión nas UCIS galegas con cinco ingresados máis
  • Os novos contaxios dispáranse en Galicia
    Os novos contaxios dispáranse en Galicia
  • Sanidade estudia 30 casos da cepa brasileira da Covid na área de Vigo
    Sanidade estudia 30 casos da cepa brasileira da Covid na área de Vigo
  • O toque de queda retrásase ás 23 h en Galicia
    O toque de queda retrásase ás 23 h en Galicia
  • A Xunta abre mañá o prazo para solicitar a tarxeta turística #QuedamosenGalicia
    A Xunta abre mañá o prazo para solicitar a tarxeta turística #QuedamosenGalicia
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia