Comezan a notarse os efectos da borrasca Karim que afectará a Galicia esta fin de semana que a partir desta tarde deixarán fortes ventos na provincia de Pontevedra.
A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias alertou da inestabilidade meteorolóxica e dos ventos moi fortes que soplarán con refachos de ata 100 km/h en Galicia, o que implicou a activación do nivel de alerta laranxa dende as 18 h.
Prevese que na provincia de Pontevedra se dean choivas intensas que poderán acumular ata 80 litros por metro cadrado en 24 h, polo que se activa a alerta esta tarde.