Mil persoas maiores de 80 anos recibirán o vindeiro luns no seu correspondente centro de saúde a primeira dose da vacina de Pfizer fronte á covid-19.
Unha central de chamadas creada no Meixoeiro para contactar cos candidatos comezou a dar as citas este mércores. O obxectivo da Xunta é vacinar a 4.800 maiores á semana.
A área sanitaria viguesa atende a 39.712 maiores de 80 anos, o 7% da poboación, pero algún deles xa recibiron a vacina por residir en residencias ou acudir a centros sociosanitarios.