• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
EU Son recrimina ao Goberno Municipal o atraso nas axudas á hostalería e comercio
Carolina Darias visita as instalacións de Zendal no Porriño
Aemos e R colaboran para modernizar o tecido empresarial mosense
O Porriño patrocina ao Club Ciclista Máster da Louriña con 15.000 euros
Mos aproba unha moción de apoio aos traballadores de Pili Carrera
O Porriño, Mos, Salceda, Ponteareas e Tui: terceiro nivel de restricións
68 vendedores ambulantes instalaron hoxe os seus postos no Porriño
Controis nos accesos motorizados ás zonas forestais do Porriño e Salceda
O corpo atopado no pozo do Porriño corresponde a un varón de arredor de 35 anos
O Porriño retoma mañá o mercado ambulante
O Pan do Porriño obtén o recoñecemento como marca
O pozo no que apareceu o corpo no Cerquido estaba tapado
Aparece un corpo nun pozo do Cerquido
Detido en Alemaña un tudense condenado por violar a unha turista
Os cribados detectaron 23 positivos no Porriño e 5 en Salceda
Alerta laranxa por fortes ventos que alcanzarán os 100 km/h
O PP pide á Deputación e Concellos respaldo ao Fondo de Cooperación Covid-19
20
Enero

O PP pide á Deputación e Concellos respaldo ao Fondo de Cooperación Covid-19

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Os populares presentarán mocións na institución provincial e en todos os concellos da provincia para que se sumen a un fondo de axudas ao sector da hostalería no que, seguindo o modelo valenciano, a Xunta aportaría o 50%, a Deputación o 30% os concellos o 20%

O Partido Popular reclama que a Deputación de Pontevedra se sume á Xunta de Galicia e aos concellos para axudar ao sector da hostalería, seguindo o modelo valenciano e apoie crear un fondo de cooperación covid-19, no que a institución provincial aportaría o 30%, os concellos o 20% e a Xunta de Galicia, o 50%. O voceiro do grupo, Jorge Cubela, defende que “esta proposta dos hostaleiros é razoable e importante para salvar do peche ás empresas e autónomos da nosa provincia, e por iso queremos que a Deputación aclare si acepta ou non o que lle están reclamando e si vai colaborar con axudas directas”. Nesta liña, recorda que o que necesitan é liquidez inmediata, por iso hai que sumar esforzos entre todas as administracións.

 

Os populares, que defenderán esta moción no pleno provincial deste mes, tamén presentarán a proposta nos concellos da provincia. “Non podemos perder máis tempo, e gustaríanos que esta proposta saíse adiante. É momento de remar todos na mesma dirección, e ir contra este modelo supón ir tamén contra o propio sector”, sinala.

 

Por iso, pide ao Goberno provincial que deixen de perder o tempo en “discusións e intereses partidistas. O sector propón un modelo para traballar desde todas as administracións, e por iso entendemos que é fundamental que todas se sumen”, engade. Nesta liña, recorda que a Xunta xa anunciou que se suma a este fondo covid-19, e recordou que moitos concellos tamén están amosando a súa disposición. Destacou, ademais, que “moitos concellos estamos bonificando, reducindo ou conxelando impostos e taxas e aprobando axudas, pero parece que a Deputación de Pontevedra e algúns concellos non acaban de entender a necesidade de sumar esforzos”.


Cubela pide á Deputación que non permaneza “por máis tempo de costas aos problemas desta provincia. É a única deputación galega que non aprobou a día de hoxe nin un só euro en axudas directas nin para autónomos, pemes ou hostaleiros, unha decisión totalmente incomprensible”.

 

Ademais, recorda que a Xunta xa ten pagadas practicamente o total das xudas solicitadas, 25 millóns para hostelería, dos 80 millóns de euros que se destinaron para autónomos e pemes, “pero non pode ser a única administración que aprobe axudas para o sector”. Por iso, na moción o PP tamén reclama ao Goberno central "decisións áxiles que aporten seguridade e medidas que non só aporten liquidez ás actividades, senón que garantan a súa solvencia e salven o emprego".

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • Galicia rexistra un total de 7.292 casos activos de covid
    Galicia rexistra un total de 7.292 casos activos de covid
  • O Porriño, Mos, Salceda, Ponteareas e Tui: terceiro nivel de restricións
    O Porriño, Mos, Salceda, Ponteareas e Tui: terceiro nivel de restricións
  • Os casos activos de covid continúan en descenso en Galicia
    Os casos activos de covid continúan en descenso en Galicia
  • Desescalada en Galicia: reapertura parcial da hostalería e reunións de ata 4 non convivintes
    Desescalada en Galicia: reapertura parcial da hostalería e reunións de ata 4 non convivintes
  • Detido en Alemaña un tudense condenado por violar a unha turista
    Detido en Alemaña un tudense condenado por violar a unha turista
  • Alerta laranxa por fortes ventos que alcanzarán os 100 km/h
    Alerta laranxa por fortes ventos que alcanzarán os 100 km/h
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia